Para centros de toda Galicia

Poderán participar no Concurso Pilabot ata 150 centros educativos de educación primaria e secundaria, tanto públicos coma privados, concertados ou non concertados.

Reciclar é cousa de todos!

Para a reciclaxe de pilas e acumuladores, o primeiro paso é facer unha correcta recollida selectiva e depositalas nos colectores habilitados para este tipo de residuos.

7.500 € en premios

Axuda ao teu centro a gañar un dos catro premios do Concurso Pilabot para mercar material escolar, deportivo ou para a realización de actividades educativas.

Concienciando á mocidade galega

Que é o Concurso Pilabot?

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven esta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

Así nace o Concurso Pilabot, no que se repartirán catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.

  • outubro 2018

    Inscrición no concurso

  • novembro 2018

    Depósito das pilas nos centros

  • febreiro 2019

    Reconto dos kilos recolleitos

  • marzo 2019

    Acto de entrega de premios

Centros Participantes

Premios

Os centros educativos participantes poderán optar a catro premios para a compra de material escolar, deportivo ou para a realización de actividades educativas.

Un premio de dous mil cincocentos euros para o centro educativo que máis quilogramos de residuos de pilas recolla.

Un premio de mil douscentos cincuenta euros para o centro educativo que quede segundo no ranking de quilogramos de residuos de pilas recollidos.

Un premio de dous mil cincocentos euros para o centro educativo que máis quilogramos de residuos de pilas recolla por alumno.

Un premio de mil douscentos cincuenta euros para o centro educativo que quede segundo no ranking de quilogramos de residuos de pilas recollidos por alumno.

2.500 €

1.250 €

2.500 €

1.250 €

Entre todos facemos un mundo máis limpo

205.494

kg. recollidos en Galicia en 2017

4.883.188

kg. recollidos en España en 2017