Hoxe comeza oficialmente o Concurso Pilabot! 150 centros de toda a comunidade autónoma galega participan ata o vindeiro 11 de febreiro nesta primeira edición do concurso de recollida de pilas entre centros educativos de Galicia.

Dende hoxe ata o comezo das vacacións de Nadal, os centros educativos recibirán os materiais precisos para a súa participación. Antes do 20 de decembro, os 150 centros participantes contarán con todo o material previsto para que a cativada poida ter na casa durante o Nadal a caixa individual para depositar as pilas esgotadas que xa non usen nos seus fogares.

Lembramos que cada centro disporá de 5 semanas lectivas para participar, polo que os centros que xa dispoñan hoxe dos materiais rematarán a súa participación antes que os que os reciban a mediados de decembro, contando todos co mesmo tempo de participación no concurso.

Ante as dúbidas que poidan xurdir sobre o desenvolvemento do concurso, pódense consultar as bases legais, así coma contactar coa organización a través do enderezo electrónico pilabot@ofipilas.es e no teléfono 900 103 138.

Aproveitamos para lembrar tamén que na sección recursos os docentes poderán empregar os materiais e ligazóns para explicar a problemática da contaminación das pilas e acumuladores portátiles nas súas clases. Nos vindeiros días publicarase a Unidade Didáctica, así coma outros recursos de interese. Seguídenos en redes sociais e non perdades ningunha novidade sobre o Concurso Pilabot!