#eusonpilabot

#eusonpilabot é un concurso de fotografía artística individual, no que poderán participar as alumnas e os alumnos dos centros participantes no Concurso Pilabot.

Como participar?

Para participar terás que:

Ler detidamente os requisitos de participación

Cumprimentar o formulario de inscrición.
Lembra adxuntar os 3 documentos solicitados!!
(autorización e copia do DNI do titor/a legal,
así coma a fotografía coa que participarás)

Darlle renda solta á túa creatividade!

Requisitos

  1. Que o autor/a da obra presentada estude nun centro inscrito no Concurso Pilabot no curso escolar 2018/19.
  2. Aceptar as bases legáis do CONCURSO #EUSONPILABOT, cumprimentar debidamente o formulario de inscrición e adxuntar os documentos legais solicitados.
  3. Enviar unha única fotografía por participante.
  4. Que na fotografía figure a caixa individual de recollida de pilas que os centros educativos entregan ao alumnado dentro do Concurso Pilabot
  5. Que na fotografía figuren pilas e acumuladores portátiles ou imaxes que as representen.
  6. Que na fotografía non figure ningún rostro de persoas, sexan menores ou adultos. Aceptaranse aquelas nas que os rostros estean pixelados ou distorsionados, de forma que resulten irrecoñecibles.
  7. Requisitos técnicos: formato .jpg e peso de arquivo inferior a 2 MB.

NOTA IMPORTANTE: Amplíase o prazo para a recepción de fotografías ata o 31 de xaneiro ás 18:00 h.

Calendario

  • 8 ao 31 de xaneiro ás 18h.

    Prazo de inscrición

  • 1 de febreiro ata as 18h.

    Selección de finalistas

  • 1 ao 10 de febreiro

    Comezo das votacións

  • 11 de febreiro

    Selección dos gañadores

Quen gañará?

Entre as fotografías enviadas para participar no CONCURSO #EUSONPILABOT un xurado interno da organización realizará unha selección das fotografías finalistas. Esta selección publicarase no Facebook de Pilabot do 1 ao 10 de febreiro. Durante ese tempo, as fotografías irán acumulando “gústame” (“gústame”, “encántame”, “sorpréndeme”…), de forma que o día 11 de febreiro realizarase un ranking do total de “gústame”.

As fotografías participantes que acaden os tres primeiros postos no ranking de “gústame” serán premiados con:

1º Premio:

Tablet

2º Premio:

Altofalante Bluetooth

3º Premio:

Pulseira Fitness