Charla Pilabot Recicla con Enerxia no CEIP Lamas de Abade recollida selectiva pilas reciclar acumuladores

Primeiras charlas educativas do Concurso Pilabot

O CEIP Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, foi un dos primeiros centros en acoller esta actividade, na que os rapaces de 5º e 6º de primaria puideron achegarse á temática do Concurso Pilabot.

Durante o periodo de inscripción ao Concurso Pilabot, os centros tiveron a oportunidade de solicitar unha das 50 charlas educativas ofertadas. Trátase de charlas didácticas de 45 minutos de duración (unha clase), nas que se presenta o concurso e se expón información sobre a reciclaxe de pilas e acumuladores, así coma a realización de actividades participativas cos escolares.

Aproveitamos para lembrar que tanto os 150 centros de educación primaria e secundaria que están a participar no concurso, coma calquer outro centro que queira tratar a reciclaxe de pilas, dispoñen de información na sección Recicla con enerxía e na sección Recursos, onde atoparán entre outros vídeos, ligazóns e documentos de axuda para os docentes.