quilos de pilas recollidos Pilabot ranking top10

Top 10 dos centros que máis pilas acadaron no Concurso Pilabot

Compartimos o detalle de quilos brutos e quilos netos dos dez centros que máis residuos recolleron en total e por alumno.

Durante o curso 2018/19, o Concurso Pilabot fixo posible recoller un total de 43.850 kilos de residuos de pilas e acumuladores portátiles entre os 150 centros educativos participantes. A falta de formalizar a entrega dos premios, que terá lugar en Santiago de Compostela no mes de xuño, hoxe compartimos o ranquing dos 10 centros escolares que máis pilas e acumuladores portátiles recolleron en total.

 

RANKING QUILOS RECOLLIDOS (CATEGORÍA A)
CENTRO CONCELLO PROVINCIA Kg. Brutos Kg. Netos
CEIP de Caión A Laracha A Coruña 1.420,80 1.381,80
La Purísima Ourense Ourense 1.114,65 1.078,65
CPI Castro Baxoi Miño A Coruña 1.080,55 1.047,55
CEIP Eladia Mariño Cabanas A Coruña 1.005,05 975,05
CEIP Da Cruz Nigrán Pontevedra 1.000,95 973,95
CEIP Saco E Arce Toén. Ourense 911,45 884,45
CEIP Nosa Señora Das Dores Forcarei Pontevedra 878,40 848,40
CEIP Vicente Risco (Cualedro) Cualedro – Ourense Ourense 847,60 820,60
Colegio Plurilíngüe Divina Pastora MM Franciscanas Ourense Ourense 830,95 806,95
CRA Amencer Ribadavia Ourense 802,70 778,70

Por outra banda, os 10 centros que máis residuos rexistraron por alumno son:

RANKING QUILOS RECOLLIDOS/ALUMNO (CATEGORÍA B)
CENTRO MUNICIPIO PROVINCIA Kg.brutos Kg.netos Nº Alumnos  Kg/Alumno
CRA Amencer Ribadavia Ourense 802,70 778,70 12 64,89
CEIP De Caión A Laracha A Coruña 1.420,80 1.381,80 37 37,35
CRA Monterrei Albarellos Monterrei Ourense 569,30 551,30 16 34,46
CEIP Vicente Risco (Cualedro) Cualedro – Ourense Ourense 847,60 820,60 27 30,39
CEIP Da Cruz Nigrán Pontevedra 1.000,95 973,95 69 14,12
CEIP Nosa Señora Das Dores Forcarei Pontevedra 878,40 848,40 64 13,26
CEIP Antas De Ulla Antas de Ulla Lugo 680,85 656,85 50 13,14
Casa Do Neno Santiago de Compostela A Coruña 762,05 738,05 58 12,73
CEIP San Ramón Moeche A Coruña 547,55 523,55 42 12,47
CEIP Manuel Folla Respino Vilamartin de Valdeorras Ourense 180,60 174,60 19 9,19

Tal e como se indica nas bases legais do Concurso Pilabot, para elaborar o ranquing e coñecer aos centros gañadores, os quilos netos de residuos de pilas acumulados obteranse de restar a tara do contedor ao resultado da pesada. Polo que nas taboas menciónanse os quilos brutos (da pesada das pilas co peso engadido dos contedores) e os quilos netos (do resultado de restar o peso dos contedores aos quilos totais brutos recollidos).

Aproveitamos para agradecer unha vez máis aos docentes, aos rapaces e rapazas e as súas familias a gran involucración nesta campaña.