Concurso individual fotografía pilas pilabot eusonpilabot galicia recollida recogida acumuladores

Últimos días para votar as fotografías finalistas do concurso #eusonpilabot

O concurso individual de fotografía artística #eusonpilabot está a piques de chegar á súa fin. Trátase dunha actividade paralela ao Concurso Pilabot de recollida de pilas entre centros educativos de Galicia, no que os alumnos e as alumnas dos centros participantes en Pilabot poden gañar premios a título individual.

O pasado 1 de febreiro publicouse no Facebook de Pilabot un álbum coas fotografías finalistas do concurso:

A falta de só 3 días para o remate das votacións, acadáronse máis de 5000 votos e superamos os 800 seguidores na páxina de Facebook de Pilabot.

Quén gañará a tablet, o altofalante bluetooth e a pulseira fitness? Teremos que agardar ao vindeiro luns 11 de febreiro para saír de dúbidas. Polo momento, continúan as votacións, as tres fotografías con máis “gústame” terán premio. Bulide a votar!