
17 Mar Aberto o prazo para participar no concurso de cartel publicitario #EuSonPilabot ata o 14 de abril
- Poderá presentarse o alumnado de educación primaria e secundaria de centros educativos participantes na actual edición do Concurso Pilabot.
- O mellor cartel de cada categoría recibirá una tableta como premio.
Participa no Concurso de Cartel Publicitario #EuSonPilabot!
O concurso de cartel publicitario #EuSonPilabot é unha iniciativa para promover, a título individual, a creatividade e o pensamento crítico entre o alumnado dos 150 centros que están a participar na cuarta edición do concurso Pilabot de reciclaxe de pilas usadas entre centros educativos.
Os alumnos e alumnas interesadas en participar, deberán presentar nesta ocasión un cartel publicitario que fomente a correcta separación das pilas usadas e que axude á difusión da campaña Pilabot. O prazo de inscripción está aberto ata o vindeiro 14 de abril e para participar hai que cumprimentar un formulario específico dentro da web de Pilabot, aceptar as bases do concurso e adxuntar a imaxe do cartel co que queren inscribirse, no formato e peso indicados. O cartel acompañarase dun título e dun breve texto explicativo que xustifique a mensaxe que se quere transmitir. Para facilitar a súa creación, desde a organización facilítase na sección de recursos da web de Pilabot unha serie de materiais para a realización do cartel facendo uso de ferramentas digitais.
En #EuSonPilabot establécense cinco categorías, correspondentes a cada un dos ciclos educativos que participan no Concurso Pilabot. Un xurado será o encargado de decidir cal é o mellor cartel en cada categoría, que será premiado cunha tableta.
Avanza a cuarta edición da Campaña Pilabot
Este concurso artístico é unha das actividades paralelas que se desenvolven no marco da campaña Pilabot, que actualmente xa superou o seu ecuador. Recordemos que o concurso Pilabot comezou o pasado 13 de xaneiro e que os 150 centros participantes foron sumándose á iniciativa de forma progresiva. Desta forma, os primeiros en comezar foron os primeiros en rematar o seu periodo de participación – 6 semanas lectivas – e a recollida de pilas usadas prolongarase ata o 14 de abril nos centros que todavía continúan a participar.
Os centros que consigan recuperar a maior cantidade de residuos proclamaránse como gañadores desta cuarta edición. En total, repartiranse 7.500 euros divididos en catro premios e dúas categorías, que deberán destinarse á compra de material escolar e deportivo ou a organizar actividades educativas.
Gran acollida dos talleres didácticos
Outra das actividades paralelas da campaña Pilabot son os talleres educativos realizados en medio cento dos centros participantes. Esta actividade desenvolveuse entre os meses de xaneiro e marzo, acadando unha excelente acollida tanto por parte do personal docente coma do alumnado.
O seu obxectivo é poñer en valor a importancia das pilas na vida diaria das personas, facer fincapé na necesidade da súa reciclaxe e implicar ao conxunto da comunidade educativa na campaña Pilabot.