20220525_Entrega_PremiosPilabot_MUPEGA_01

Ranquing por categorías e crónica do acto de entrega de premios da 3ª edición de Pilabot

O pasado 25 de maio, o Museo Pedágoxico de Galicia (MUPEGA) acolleu o acto de entrega da 3ª edición do Concurso Pilabot e do Concurso Artístico #EuSonPilabot.

RANQUING DE CENTROS PARTICIPANTES

En relación ao concurso de recogida de pilas en centros escolares, os 150 centros participantes poden consultar os resultados obtidos polo seu centro nesta tercera edición da campaña Pilabot:

  1. Ranquing da categoría A: quilos de pilas totais recollidos por centro (DESCARGA O DOCUMENTO).
  2. Ranquing da categoría B: quilos de pilas totais recollidos por alumno (DESCARGA O DOCUMENTO)

Asistencia ao acto

Participaron neste evento unha representación do alumnado e profesorado dos centros educativos gañadores, as 5 autoras das obras gañadoras do concurso #EuSonPilabot,  Julio Lema, director de marketing e eventos de Ecopilas, Iago García, responsable de empresas e comunicación de ERP España, e Sagrario Pérez Castellanos, Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, ademáis de Cristina Carrión Rodríguez, Xefa territorial de Medio Ambientede A Coruña, Victoria Núñez López, Xefa territorial de Medio Ambiente en Ourense, e José Manuel González González, Xefe territorial de Medio Ambiente de Pontevedra.

Entrega dos premios do Concurso Artístico #EuSonPilabot

Antes de comezar coa entrega dos premios do Concurso Artístico #EuSonPilabot, o presentador fixo unha mención especial a unha obra presentada que quedou fóra de concurso debido á curta idade do seu autor. Trátase desta fotografía de Aday Maquieira, alumno de 5º de educación infantil do CEIP As Solainas Nicolás Gutiérrez Campo da Guarda. Aínda que a súa aula non participaba no concurso de recollida de pilas, a campaña Pilabot expandiuse dentro da comunidade escolar e gustoulle tanto a imaxe da mascota, que ata chegou a elaborar un disfrace de Pilabot con materiais reciclados!

AdayMaquieira_eusonpilabot

Obra fóra de concurso de Aday Maquieira

Logo, continuou a entrega de premios ás autoras das obras premiadas no concurso artístico, que recibiron un diploma e unha tableta cada unha.

220525_pilabot_EuSonPilabot_LuciaGonzalezBaz_CEIPAssSolanasNicolasGutierrezCampo_AGuarda

Lucía González Baz, alumna de 2º de primaria do CEIP As Solanas Nicolás Gutiérrez Campo de A Guarda recolleu o premio á mellor obra na Categoría A – 1º ciclo de educación primaria, pola súa obra “Se regamos con pilas á natureza, as plantas nacen tristes”

 

220525_pilabot_EuSonPilabot_GabrielaLouridoLago_CEIPPlurilingue_Outes

Gabriela Lourido Lago, alumna de 4º de Educación Primaria no CEIP Plurilingüe de Outes, recolleu o premio á mellor obra na Categoría B – 2º ciclo de educación primaria, pola súa obra “Pilamundi”.

 

220525_pilabot_EuSonPilabot_CandelaRodriguezGarcia_CPIO_Toural_Vilaboa

Candela Garcia Rodríguez, alumna de 6º de educación Primaria no CEIP do Toural de Vilaboa recolleu o premio á mellor obra na Categoría C – 3º ciclo de educación primaria pola súa obra “SKYLINE PILABOT”

 

220525_pilabot_EuSonPilabot_NoaCrespoSayar_IESCarlosCasares_Vigo

Noa Crespo Sayar, alumna de 1º de ESO no IES Carlos Casares de Vigo, recolleu o premio á mellor obra na Categoría D – 1º ciclo de educación secundaria pola súa obra “Todo xira arredor da nosa responsabilidade”.

 

220525_pilabot_EuSonPilabot_ShivaEliskaAlindaNurhakim_IESPerdouro_Burela

Shiva Eliska Alinda Nurhakim, alumna de 3º de ESO no IES Perdouro en Burela recolleu o premio á mellor obra na Categoría E – 2º ciclo de educación secundaria pola súa obra “EcoLinda’s Land”.

Centros educativos premiados

Continuou a celebración coa entrega de premios aos centros educativos gañadores, que constan de catro premios económicos destinados á compra de material escolar, deportivo ou para a realización de actividades educativas. O CPR Santiago Apóstolo (Narón), o CEIP As Solainas Nicolás Gutiérrez Campo (A Guarda), o CRA Amencer (Ribadavia) e o CEIP de Caión (A Laracha) foron os catro centros galardoados nesta terceira edición de Pilabot por presentar as mellores cifras de reciclaxe de pilas nas dúas categorías en que se dividiu o concurso: quilos totais de residuos recompilados nos centros; e cantidade media recollida por alumno.

220525_pilabot_CEIPCaion_JessicaCalvo_mestra

Jessica Calvo, docente del CEIP de Caión, recolleu o segundo premio da Categoría B (pilas recollidas por alumno), dotado con 1.250 €.

 

220525_pilabot_CRAAmencer_RaquelRodriguezGiralt_directora

Maria Cruz Estevez, directora del CRA Amencer de Ribadavia, recolleu o primeiro premio da categoría B (pilas recollidas por alumno), dotado con 2.500 €.

 

220525_pilabot_CEIPAsSolanasNicolasGutierrezCampo_Ruth_Paulo_alumnos_2EP

Ruth y Paulo, alumnos do CEIP As Solanas Nicolás Gutiérrez Campo de A Guarda, foron os encargados de recoller o segundo premio da Categoría A (pilas recollidas por centro), dotado con 1.250 €.

 

220525_pilabot_CPRSantiagoApostol_MiguelHermidaDopico

O primeiro premio da Categoría A (pilas recollidas por centro), dotado con 2.500 €, recoulleuno Miguel Hermida Dopico, director do CPR Apóstol Santiago de Narón.

Espectáculo de maxia para rematar

E como broche final á entrega de premios, os asistentes puideron disfrutar dun espectáculo de maxia a cargo do Mago Romarís.

20220525_pilabot_MUPEGA_espectaculomaxia