Aprazamentos no concurso Pilabot a causa do coronavirus

Ante o peche dos centros educativos determinado polas medidas de prevención adoptadas pola Xunta de Galicia fronte ao coronavirus, desde a organización da campaña Pilabot (a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, coa colaboración de Ecopilas, ERP e Ecolec), é preciso aprazar as actividades presenciais ata que se abran de novo as escolas e institutos galegos.

Así, as recollidas e pesadas de contedores previstas a partir do luns 16 de marzo, postporanse ata que os centros educativos galegos volten á rutina, aprazando as recollidas tanto tempo como dure o peche. Deste xeito, asegúrase que todos os centros participantes conten coas 6 semanas lectivas de participación no concurso desde que se entregou o contedor ata que se realiza a recollida e pesada final de residuos.

CONTACTO COS ORGANIZADORES

Se os centros participante precisan realizar algunha consulta á organización de Pilabot, poden facelo a través do teléfono 900 103 138 e do enderezo electrónico pilabot@ofipilas.es. Con todo, informaremos de todas as novidades que poidan xurdir non vindeiros días e que afecten dalgunha forma ao desenvolvemento do Concurso Pilabot.