Posted at 12:04h
in
Concurso Pilabot
- Os centros educativos de Galicia poderán inscribirse ata o 2 de outubro e optar a catro premios por un importe global de 7.500 euros
Posted at 21:00h
in
Concurso Pilabot
- Ángeles Vázquez destaca que é a terceira cifra máis alta desde a posta en marcha desta iniciativa e que desde o inicio deste certame xa se recolleron preto de 292 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas.
- Explica que os máis novos son os mellores transmisores á hora de sensibilizar ás súas familias da necesidade de facer unha boa xestión dos refugallos.
- O Colexio Plurilingüe Divina Pastora M.M. Franciscanas, de Ourense, e o CEIP Virxe de Guadalupe, de Avión, gañaron este ano este certame, organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración cos xestores de pilas autorizados en Galicia.
Posted at 12:32h
in
Concurso Pilabot
- O alumnado dos 150 centros participantes este curso na iniciativa promovida pola Xunta recolleron un total de 47.779,70 kg de pilas, acumuladores e baterías usadas
- Os colexios galardoados recibirán catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas
- A campaña tamén incluíu medio cento de obradoiros didácticos para salientar o papel destes refugallos na vida diaria e sensibilizar sobre a súa correcta reciclaxe
Posted at 10:04h
in
Concurso Pilabot
- A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade reuniuse esta mañá con representantes dos xestores de pilas autorizados, cos que colabora nesta iniciativa
- María José Echevarría destaca a necesidade de fomentar a reciclaxe de pilas entre a comunidade escolar e de promover actitudes positivas entre a mocidade para previr problemas de contaminación derivados dunha xestión inadecuada destes refugallos
- A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os sistemas colectivos de responsabilidade ampliada dos produtores (SCRAP) de pilas negocian un novo convenio para renovar e actualizar as súas liñas de colaboración en Galicia
Posted at 15:15h
in
Concurso Pilabot
- Agradece a implicación dos cadros directivos e do profesorado nesta iniciativa que vai permitir que máis de 31.600 escolares se formen na importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente.
- Os centros participantes nesta campaña tamén poden ter acceso a outro tipo de actividades ao longo dos meses que durará o concurso, como un total de 50 talleres didácticos sobre a reciclaxe destes residuos.
- O CRA Amencer participou en todas as edicións deste concurso e nas cinco recibiu algún galardón na categoría de mellor taxa de recollida por alumno.
Posted at 14:50h
in
Concurso Pilabot
- Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o vindeiro mes de maio
- Os centros gañadores recibirán catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas
Posted at 20:06h
in
Concurso Pilabot
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou na entrega de premios da quinta edición deste certame.
- Os 32.000 alumnos dos 150 centros de primaria e secundaria participantes nesta edición recuperaron máis de 40.300 quilos de pilas, acumuladores e baterías usadas.
- O CEIP Carmen García Carrasco, de Cenlle, e o CRA Amencer, de Ribadavia, gañaron a quinta edición deste certame, organizado pola Xunta de Galicia, en colaboración con Ecopilas, ERP España e ECOLEC.
Posted at 19:46h
in
Concurso Pilabot
- Os centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo
- Tamén se realizaron medio cento de talleres didácticos co obxectivo de poñer en valor a importancia das pilas na vida diaria das persoas, facer fincapé na necesidade da súa reciclaxe e implicar ao conxunto da comunidade educativa na iniciativa
Posted at 19:10h
in
Concurso Pilabot
- Os centros participantes optarán a catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas.
- A campaña escolar tamén prevé a celebración de obradoiros didácticos.
Posted at 19:00h
in
Concurso Pilabot
- Desde a Consellería de Medio Ambiente animan á comunidade escolar a implicarse nesta nova convocatoria
- Os colexios de primaria e secundaria que estean interesados en participar poderán inscribirse en liña na páxina da campaña desde hoxe e ata o próximo 5 de decembro
- Os centros participantes optarán a catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas
Posted at 13:13h
in
Concurso Pilabot
- Sagrario Pérez, Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, destaca o gran interese que espertou esta edición, xa que as 150 prazas dispoñibles para participar foron cubertas antes da data límite de inscrición.
Posted at 10:55h
in
Concurso Pilabot
- Os centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo.
- O xurado tamén deu a coñecer os gañadores do certame individual de cartel publicitario #EuSonPilabot
Posted at 10:00h
in
Concurso Pilabot
- Poderá presentarse o alumnado de educación primaria e secundaria de centros educativos participantes na actual edición do Concurso Pilabot.
- O mellor cartel de cada categoría recibirá una tableta como premio.
Posted at 10:00h
in
Concurso Pilabot
- Terán seis semanas para recadar a maior cantidade posible deste tipo de residuos
- A campaña escolar tamén prevé a celebración de obradoiros didácticos e a convocatoria dun concurso artístico de creación de carteis para todo o alumnado
- O obxectivo é repetir ou mesmo superar as cifras das anteriores convocatorias, que se pecharon coa recollida dunha media de 50 toneladas de pilas, acumuladores e baterías
Posted at 20:29h
in
Concurso Pilabot
- Os colexios de primaria e secundaria que estean interesados en participar poderán inscribirse en liña na páxina da campaña desde hoxe e ata o próximo 9 de decembro
- Sagrario Pérez salienta os “espectaculares” datos de recollida das dúas edicións anteriores e anima á comunidade escolar a implicarse nesta nova convocatoria
- Os centros participantes optarán a catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas