• Xa está aberto o prazo de votacións do Concurso Individual de Fotografía Artística #eusonpilabot!
  • As 3 obras que acumulen máis votos ata o día 30 de marzo terán premio.

Nesta segunda edición, o periodo de inscrición mantívose aberto ata o pasado martes 10 de marzo. En total, recibíronse preto de 50 fotografías de alumnos e alumnas de centros educativos das catro provincias galegas. Tal e como estaba previsto nas bases legais do concurso, un xurado designado pola organización de Pilabot elixiu as instantáneas que pasarían á fase final, un total de 36, que cumprían os requisitos e que se adecuaban aos criterios de calidade artística da fotografía, creatividade e orixinalidade e que conten cunha mensaxe e adecuación da fotografía ao obxecto do concurso: a concienciación sobre o reciclado de pilas.

Votacións abertas ata o vindeiro luns 30 de marzo

Ata o luns 30 de marzo pódese votar polas fotografías e o día 31, seleccionaranse como gañadoras aquelas 3 que recibisen máis votos. Non esperes máis! Entra en http://bit.ly/votaeusonpilabot e vota!