#eusonpilabot é un concurso de fotografía artística individual, no que poderán participar as alumnas e os alumnos dos centros participantes no Concurso Pilabot.

Este concurso artístico desenvólvese de forma paralela ao concurso de recollida de pilas entre centros educativos, dándolle unha oportunidade aos rapaces e rapazas de gañar un premio a título individual.

Premios

Quen participe poderá gañar unha tablet, un altofalante bluetooth ou unha pulseira fitness.

Entre todas as obras recibidas realizarase unha selección de finalistas. Esta selección publicarase na páxina de Facebook de Pilabot, e será a votación popular a través de gústame quen decida as fotografías gañadoras.

Requisitos

Os requisitos para participar son:

  1. Que o autor/a da obra presentada estude nun centro inscrito no Concurso Pilabot no curso escolar 2018/19.
  2. Aceptar as bases legáis do CONCURSO #EUSONPILABOT, cumprimentar debidamente o formulario de inscrición e adxuntar os documentos legais solicitados.
  3. Enviar unha única fotografía por participante.
  4. Que na fotografía figure a caixa individual de recollida de pilas que os centros educativos entregan ao alumnado dentro do Concurso Pilabot
  5. Que na fotografía figuren pilas e acumuladores portátiles ou imaxes que as representen.
  6. Que na fotografía non figure ningún rostro de persoas, sexan menores ou adultos. Aceptaranse aquelas nas que os rostros estean pixelados ou distorsionados, de forma que resulten irrecoñecibles.
  7. Requisitos técnicos: formato .jpg e peso de arquivo inferior a 2 MB.

Prazos e inscrición

Quen queira participar en #eusonpilabot poderá facelo ata o vindeiro xoves 31 de xaneiro ás 18.00 h. O formulario de inscrición e as bases legáis do concurso podedes atopalas na ligazón https://pilabot.gal/eusonpilabot.