- Que o autor/a da obra presentada estude nun centro inscrito no Concurso Pilabot no curso escolar 2019/2020.
- Aceptar as bases legáis do II CONCURSO #EUSONPILABOT, cumprimentar debidamente o formulario de inscrición e adxuntar os documentos legais solicitados.
- Enviar unha única fotografía por participante.
- Que na fotografía figure a caixa individual de recollida de pilas que os centros educativos entregan ao alumnado dentro do Concurso Pilabot
- Que na fotografía figuren pilas e acumuladores portátiles ou imaxes que as representen.
- Que na fotografía non figure ningún rostro de persoas, sexan menores ou adultos. Aceptaranse aquelas nas que os rostros estean pixelados ou distorsionados, de forma que resulten irrecoñecibles.
- Requisitos técnicos: formato .jpg e peso de arquivo inferior a 2 MB.
#eusonpilabot
#eusonpilabot é un concurso de fotografía artística individual, no que poderán participar as alumnas e os alumnos dos centros participantes no Concurso Pilabot.
Vota polas túas fotografías favoritas!!!
Como participar?
Para participar terás que:
Ler detidamente os requisitos de participación
Cumprimentar o formulario de inscrición.
Lembra adxuntar os 3 documentos solicitados!!
(autorización e copia do DNI do titor/a legal,
así coma a fotografía coa que participarás)
Darlle renda solta á túa creatividade!

Requisitos

Calendario
-
10 de marzo
Peche de inscricións
-
31 marzo
Suspensión pola crise sanitaria
-
do 8 ao 15 de xuño
Reactivación de votacións
-
16 de xuño
Selección dos gañadores
Quen gañará?
Entre as fotografías enviadas para participar no II CONCURSO # EUSONPILABOT, un xurado interno da organización realiza unha selección das fotografías finalistas.
Esta selección publícase en www.pilabot.gal a través da plataforma Easypromos.
Debido á crise sanitaria, a pesar de comezar as votacións en liña nas datas previstas, a fase final do certame # eusonpilabot viuse afectada, polo que a organización viuse obrigada a aprazar a conclusión do concurso. Finalmente, se reactiva entre o 8 e o 15 de xuño un novo período de votación pública, conservando intacto o número de votos solicitados durante o mes de marzo polos participantes.
Por último, o día 16 de xuño comunicarase cales son as 3 fotografías gañadoras que serán as que resulten máis votadas, e en caso de empate, será o xurado de # eusonpilabot quen decida cales serán as tres gañadoras.