Coñece máis sobre o mundo do reciclado

Que é unha Pila?

As pilas e acumuladores son toda fonte de enerxía eléctrica xerada pola conversión directa de enerxía química. Poden consistir nunha ou máis celas primarias (pilas non recargables) ou nunha ou máis celas secundarias (pilas recargables ou acumuladores).

As pilas e acumuladores portátiles achegan autonomía con respecto á rede eléctrica. Por iso son moi útiles nos nosos fogares e nos desprazamentos fóra da casa. 

Moitos dispositivos aliméntanse con estas pequenas fontes de enerxía. Mandos a distancia, calculadoras, reloxos, xoguetes, computadores, teléfonos móbiles, cámaras dixitais, lanternas e moitos máis.

Que é unha pila
Tipos de pilas

Tipos de Pilas

Existe unha gran variedade de pilas de uso doméstico no mercado e podemos clasificalas seguindo diferentes criterios.

 

FORMA. Podemos atopar pilas cilíndricas, rectangulares e de botón, de diferentes tamaños.

 

CICLO DE VIDA. Podemos agrupalas en dúas categorías:

 

      • As pilas dun só uso ou pilas primarias, teñen un único ciclo de vida, polo que se deben substituír unha vez que se esgotan.
      • As pilas recargables ou pilas secundarias (tamén chamadas baterías ou acumuladores), pódense recargar cando se esgotan e por tanto, son reutilizables en múltiples ocasións.

 

COMPOSICIÓN QUÍMICA. Algúns dos tipos máis comúns son:

 

      • Botón: mercurio, litio, óxido de manganeso, óxido de prata, zinc-aire.
      • Pilas estándar: alcalinas ou de manganeso, zinc-carbono, litio.
      • Recargables: níquel-cadmio, níquel-metal hidruro, litio, chumbo-acedo.
Partes de unha pila

Compoñentes básicos

Partes dunha pila

Aínda que hai distintos tipos de pilas das chamadas estándar, todas elas teñen os mesmos compoñentes básicos:

 

      • Carcasa: É un revestimento de aceiro que aloxa os diferentes ingredientes que forman a pila.
      • Cátodo: É unha mestura de dióxido de manganeso e carbono. É o eléctrodo que se reduce na reacción química.
      • Separador: É un tecido fibroso que separa o cátodo do ánodo.
      • Ánodo: Está composto por zinc en po.  É o eléctrodo que se oxida na reacción química.
      • Electrolito: É unha solución de hidróxido de potasio en auga. Achega o medio adecuado para o movemento dos ións dentro da pila.
      • Colector: É unha especie de alfinete de bronce no medio da pila que conduce a electricidade ao circuíto exterior.
Como funciona unha pila

Como obtén a enerxía?

Como funciona unha pila?

As pilas producen enerxía eléctrica no seu interior por medio dunha reacción química.

 

PILA=MINIPLANTA ENERXÉTICA

Esta reacción química produce un fluxo de electróns que van do ánodo ao cátodo a través do electrolito cando se pecha o circuíto. Desta maneira, xérase unha enerxía que pode ser utilizada por calquera aparello eléctrico.

A importancia da reciclaxe

Reciclaxe de pilas

AMPLA VARIEDADE DE COMPOSICIÓNS

 

No interior das pilas podemos atopar metais pesados como mercurio, níquel e cadmio, en distintas proporcións. Os metais pesados son potencialmente nocivos tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente. 

 

CANDO SON PERIGOSAS AS PILAS?

 

Mentres as pilas están en uso, estes materiais non constitúen ningún perigo xa que están eficazmente illados no seu interior. Pero ao final da súa vida útil, cando están esgotadas ou xa non se usan, pódese producir a corrosión da carcasa protectora e a liberación dos seus compoñentes internos (electrolitos e metais pesados).

 

Se non son xestionadas correctamente, os metais pesados que conteñen poden contaminar o solo e a auga, afectando gravemente aos ecosistemas e aos seres humanos.

AS PILAS E BATERÍAS USADAS SON UNS DOS RESIDUOS MÁIS CONTAMINANTES QUE XERAMOS.

O CONSUMO DE PILAS EN ESPAÑA SITÚASE EN MÁIS DE 500 MILLÓNS DE UNIDADES AO ANO.

AS PILAS SON AS PRINCIPAIS RESPONSABLES DOS METAIS PESADOS PRESENTES NO LIXO

POR ISO É TAN IMPORTANTE DEPOSITALAS NOS CONTEDORES ADECUADOS PARA A POSTERIOR RECICLAXE DOS SEUS COMPOÑENTES

Proceso de reciclaxe

Proceso de reciclaxePARA QUE RECICLAMOS?

 

      • Para evitar a contaminación que orixinan estes residuos ao liberar os metais pesados que conteñen ao medio ambiente.
      • Para reducir a extracción de novas materias primas, o alto consumo enerxético e a contaminación que provoca a transformación de novas materias primas en produtos finais.

 

EN QUE CONSISTE O PROCESO DE RECICLAXE DE PILAS?

 

      1. RECOLLIDA SELECTIVA: Recóllense e recíclanse todo tipo de pilas, acumuladores e baterías, independentemente da súa forma, volume, peso, composición ou uso (pilas botón, pilas estándar, baterías portátiles, industriais, etc.).
      2. RECICLAXE NA PLANTA DE TRATAMENTO: Sepárase o mercurio dos outros metais. O resto dos materiais da pila son recuperados mediante un proceso de trituración mecánica onde se obtén escoria férrica e non férrica, plástico e po de pila. As tres primeiras fraccións valorízanse directamente, mentres que o po de pila segue varios procesos para recuperar os metais que contén.

 

MATERIAIS RECUPERADOS

 

Coa reciclaxe conseguimos recuperar entre o 50 e o 75 % do total en función do tipo de pila ou batería:

 

      • 65% en acumuladores de chumbo-acedo
      • 75% en pilas e acumuladores de níquel- cadmio
      • 50% no resto de pilas

 

Reciclaxe de pilas en Galicia

 

Durante o ano 2022, os SCRAP de pilas autorizados en Galicia (Ecopilas, ERP e Ecolec) recolleron na nosa comunidade a cantidade de 396.379 kg de pilas usadas procedentes dos fogares e en España chegou a un total de 6.647.876 kg recollidos.

De quen é a responsabilidade?

Quen é o responsableTodas as persoas somos responsables de coidar do medio ambiente. No caso do proceso de reciclaxe de pilas e acumuladores portátiles, podemos identificar dous colectivos:

 

      1. A CIDADANÍA: o proceso de reciclaxe comeza coa recollida selectiva de lixo nos fogares, polo que todos os galegos e galegas somos os primeiros responsables da reciclaxe.
      2. OS PRODUTORES: É o propio sector quen se fai responsable da xestión dos residuos, previamente seleccionados pola cidadanía. Esta xestión pódese realizar de forma individual ou a través dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada dos Productores (SCRAP). Actualmente, os SCRAP autorizados na comunidade autónoma de Galicia son Ecopilas, ERP e Ecolec.

Que facer coas pilas usadas?

todos reciclamosNECESÍTASE A COLABORACIÓN DE TODA A SOCIEDADE

 

Para que as túas pilas usadas poidan ser recicladas, é preciso:

 

      1. Realizar unha recollida selectiva dentro do fogar, separando as pilas do resto de residuos.
      2. Levar as pilas usadas a un contedor especial que podemos atopar en moitos centros educativos, centros públicos, comercios e puntos limpos de toda España.

 

O QUE NON DEBEMOS FACER

 

Nunca debemos tirar as pilas usadas co resto do lixo ou, o que é aínda peor, arroxalas sen control.

Economía Circular: a revolución da sostibilidade!

Gráfico-Economía-Circular-ecole-galegoc
A Economía Circular é un sistema de aproveitamento de recursos cuxo piar é a posta en práctica do “Concepto multi-R”: repensar, redeseñar, reparar, redistribuir, refabricar, reducir, reutilizar e reciclar.

  • É un modelo que vai máis aló da reciclaxe e que se propón ir á raíz do problema para ofrecer solucións viables. Con este modelo de xestión dos recursos que ofrece o planeta establécese un ciclo circular que evita o malgasto dos recursos naturais.
  • A Economía Circular aposta por reutilizar materiais cando a súa vida útil se esgote, realizando este proceso de recuperación e reciclaxe da maneira máis respectuosa co medio ambiente. Trátase, por tanto, dun modelo no que, sen esquecer o económico, prímase o beneficio social e ambiental, interrelacionándose de maneira moi estreita coa sustentabilidade.
  • Así, un dos principais obxectivos da Economía Circular é manter o valor dos produtos, materiais e recursos na economía o maior tempo posible.