Suspensión temporal do Concurso #Eusonpilabot

A organización da campaña Pilabot (a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, coa colaboración de Ecopilas, ERP e Ecolec), decidiu a suspensión temporal do concurso individual de fotografía artística #eusonpilabot, debido á situación de estado de alarma a causa da emerxencia sanitaria do coronavirus na que nos atopamos actualmente.

Os votos obtidos polos participantes ata o momento da suspensión conservaranse íntegros, e en canto volte a normalidade ás aulas, abrirase de novo o prazo de votación – de mínimo 7 días de duración – para dar a todos e todas as participantes a oportunidade de solicitar votos ás súas amizades e coñecidos.

O equipo Pilabot envía a tódalas familias moito ánimo e agardamos que estedes a levar esta situación o mellor posible.