15 Nov A Xunta lanza a terceira edición da campaña escolar de reciclaxe ‘Pilabot’ co reto de superar as 59 toneladas de pilas recuperadas o curso pasado
Publicado el 14:06h
en Sin categorizar
- Os colexios de Primaria e Secundaria interesados en participar poderán inscribirse desde hoxe e ata o próximo 10 de decembro.
- Ángeles Vázquez felicita ao alumnado galego polos “espectaculares” datos das dúas edicións anteriores e anima á comunidade escolar a implicarse na nova convocatoria
- Salienta que unha de cada cinco pilas recicladas en Galicia foron achegadas polos 150 centros educativos que competiron no certame durante o curso 2019-2020