07 Nov A XUNTA PON EN MARCHA A QUINTA EDICIÓN DA CAMPAÑA ESCOLAR PILABOT PARA CONCIENCIAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE A RECICLAXE DE PILAS
Publicado el 19:00h
en Concurso Pilabot
- Desde a Consellería de Medio Ambiente animan á comunidade escolar a implicarse nesta nova convocatoria
- Os colexios de primaria e secundaria que estean interesados en participar poderán inscribirse en liña na páxina da campaña desde hoxe e ata o próximo 5 de decembro
- Os centros participantes optarán a catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas