
09 Abr Top 10 dos centros que máis pilas acadaron no Concurso Pilabot
Compartimos o detalle de quilos brutos e quilos netos dos dez centros que máis residuos recolleron en total e por alumno.
Durante o curso 2018/19, o Concurso Pilabot fixo posible recoller un total de 43.850 kilos de residuos de pilas e acumuladores portátiles entre os 150 centros educativos participantes. A falta de formalizar a entrega dos premios, que terá lugar en Santiago de Compostela no mes de xuño, hoxe compartimos o ranquing dos 10 centros escolares que máis pilas e acumuladores portátiles recolleron en total.
RANKING QUILOS RECOLLIDOS (CATEGORÍA A) | ||||||
CENTRO | CONCELLO | PROVINCIA | Kg. Brutos | Kg. Netos | ||
CEIP de Caión | A Laracha | A Coruña | 1.420,80 | 1.381,80 | ||
La Purísima | Ourense | Ourense | 1.114,65 | 1.078,65 | ||
CPI Castro Baxoi | Miño | A Coruña | 1.080,55 | 1.047,55 | ||
CEIP Eladia Mariño | Cabanas | A Coruña | 1.005,05 | 975,05 | ||
CEIP Da Cruz | Nigrán | Pontevedra | 1.000,95 | 973,95 | ||
CEIP Saco E Arce | Toén. | Ourense | 911,45 | 884,45 | ||
CEIP Nosa Señora Das Dores | Forcarei | Pontevedra | 878,40 | 848,40 | ||
CEIP Vicente Risco (Cualedro) | Cualedro – Ourense | Ourense | 847,60 | 820,60 | ||
Colegio Plurilíngüe Divina Pastora MM Franciscanas | Ourense | Ourense | 830,95 | 806,95 | ||
CRA Amencer | Ribadavia | Ourense | 802,70 | 778,70 |
Por outra banda, os 10 centros que máis residuos rexistraron por alumno son:
RANKING QUILOS RECOLLIDOS/ALUMNO (CATEGORÍA B) | ||||||
CENTRO | MUNICIPIO | PROVINCIA | Kg.brutos | Kg.netos | Nº Alumnos | Kg/Alumno |
CRA Amencer | Ribadavia | Ourense | 802,70 | 778,70 | 12 | 64,89 |
CEIP De Caión | A Laracha | A Coruña | 1.420,80 | 1.381,80 | 37 | 37,35 |
CRA Monterrei | Albarellos Monterrei | Ourense | 569,30 | 551,30 | 16 | 34,46 |
CEIP Vicente Risco (Cualedro) | Cualedro – Ourense | Ourense | 847,60 | 820,60 | 27 | 30,39 |
CEIP Da Cruz | Nigrán | Pontevedra | 1.000,95 | 973,95 | 69 | 14,12 |
CEIP Nosa Señora Das Dores | Forcarei | Pontevedra | 878,40 | 848,40 | 64 | 13,26 |
CEIP Antas De Ulla | Antas de Ulla | Lugo | 680,85 | 656,85 | 50 | 13,14 |
Casa Do Neno | Santiago de Compostela | A Coruña | 762,05 | 738,05 | 58 | 12,73 |
CEIP San Ramón | Moeche | A Coruña | 547,55 | 523,55 | 42 | 12,47 |
CEIP Manuel Folla Respino | Vilamartin de Valdeorras | Ourense | 180,60 | 174,60 | 19 | 9,19 |
Tal e como se indica nas bases legais do Concurso Pilabot, para elaborar o ranquing e coñecer aos centros gañadores, os quilos netos de residuos de pilas acumulados obteranse de restar a tara do contedor ao resultado da pesada. Polo que nas taboas menciónanse os quilos brutos (da pesada das pilas co peso engadido dos contedores) e os quilos netos (do resultado de restar o peso dos contedores aos quilos totais brutos recollidos).
Aproveitamos para agradecer unha vez máis aos docentes, aos rapaces e rapazas e as súas familias a gran involucración nesta campaña.