Poderán participar no Concurso Pilabot ata 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de toda a comunidade autónoma galega, tanto públicos coma privados, concertados ou non concertados. Polo tanto, o público obxectivo do concurso Pilabot son a mocidade galega de 6 a 16 anos.
A través desta páxina web os centros escolares poderán inscribirse para participar no Concurso Pilabot.
Unha vez confirmada a súa participación, os centros recibirán os contedores para depositar as pilas de forma colectiva, material promocional da campaña e caixas para que os alumnos garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, levarán as pilas ata o centro e as depositarán no contedor.
Os dous centros que máis quilos de pilas recollan en total e os dous que máis quilos recollan por alumno obterán un premio para a compra de material escolar.