Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, presenta esta mañá ás 11.30h o Concurso Pilabot no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, Boborás (Ourense).

A Xunta de Galicia xunto a ECOPILAS, ERP España e ECOLEC, promoven unha campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia. Así nace o Concurso Pilabot, no que se repartirán entre os centros educativos participantes un total de catro premios en efectivo para investir en material escolar, deportivo e/ou actividades educativas.

Acto de presentación

O acto de presentación terá lugar no salón de actos do CEIP Nosa Señora de Xuvencos ante a presenza do alumnado do centro. Intervirán Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e VivendaRosa González, Alcaldesa en funcións do Concello de Boborás e Javier Álvarez, director do CEIP.

Tamén asistirán ao acto en representación da Xunta de Galicia, Mª Cruz Ferreira , Directora Xeral de Calidade Ambiental, Marisol Díaz, Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Mª Victoria Núñez, Xefa Territorial de Medio Ambiente e Luz Fernández, Xefa Territorial de Educación. Pola parte do Concello de Boborás, asistirán Avelino Prado, Concelleiro de Medio Ambiente e Ana Patricia Torres, Concelleira de Servicios Sociais. E por último, contarase coa presencia tamén de Noa Miñán, de ERP España, e Julio Lema, de Ecopilas, en representación dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada de produtores (SCRAP) de pilas e acumuladores autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición abrirase ao rematar o acto de presentación e manterase aberto ata o vindeiro día 9 de novembro.